lunes, 16 de mayo de 2011

12#a



España 2000 é unha “formación política” de ultra dereita cuios militantes saen frecuentemente por Valencia a  manifestarse e a repartir propaganda ós españois e hostias ós inmigrantes. Con motivo das vindeiras eleccións saen á rúa cos seus panfletos exercendo o seu dereito a dar a brasa como o resto de partidos, ata ahí todo normal. O que xa non é tan normal é que tal labor a leve a cabo un negro senegalés, convertendo o que sería un mero acto de propaganda electoral en toda unha “performance”. Un espectáculo era ver as caras de alucinados dos transehúntes cando recollían o panfleto que, entre outras cousas, propoñía “ parar la invasión inmigrante”. Resulta que o reparto de publicidade estaba encargado a unha ETT na que polo visto non se discrimina a ninguén pola cor de pel ou na que traballa moito cachondo mental. Aplíquese aquí a frase “a política (e a necesidade) fai extranos compañeiros de cama”.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario